domingo, 23 de agosto de 2009

BENVID@S A CASA DE BAIXO


A CASA DE BAIXO

Cando era pequena e pensaba onde me gustaría vivir cando fora grande, sempre viña o meu maxín unha casa grande, por suposto no campo...


unha desas casa que as avoas teñen nas aldeas, porque alí sempre hai pan e uns queixos riquísimos, deses que se van polos pratos escorridos que da gusto velos… eso si, a miña non sería unha casa aburrida ¡que va! Eu viviría nunca casa leda, de cores, ou mellor dun so cor, morado por exemplo, e con debuxos de… ¡vacas! ¡si! ¡vacas enormes!, pero non unhas vacas calesqueira, serían vacas viaxeiras, coa súa cámara colgada ó lombo…

Na miña casa habería ademáis moitos bichos, a min sempre me gustaron moito os bichos, gatos, cans, cans e cadelas grandes, pequenas, co rabo roto, cos ollos grandes, pitas e galos…


¡Ah! E claro, unha burra, encántanme as burras, decidido… ¡terei unha burra que se chame Filomena! que é un nome ben bonito para unha burra, e seguro que ha ter un fillo que será coma un "Milagro"…

A todo o mundo lle encantará vir a verme ¡normal! E é que nos cuartos da miña casa haberá estrelas e nubes pintadas e xoguetes para todos e todas en cada unha delas, tamén grandes mecedoras nas que ler contos de princesas e aventureiras

...e por suposto unha cheminea enorme no comedor para tomar un deliciosa tarta de queixo feita polas marabillosas mans da cociñeira do lugar…

...e xogaremos ó parchís nun cuarto de cores e sonará unha gramola enorme para ir durmir finalmente a unha gran cama con dosel, desas nas que durmen as raiñas…


¡que mágoa que falte tanto para sermos maiores!


... ¿ou non?...


http://www.casadebaixo.com/